Vicente Araguas asina exemplares de Xuvia revisitada e 24 maneiras de querer a Brian

 

LIBRERÍA CENTRAL LIBRERA

Calle Dolores 2   15402 Ferrol   A Coruña    La Coruña

Teléfono 981 35 27 19   Fax 981 35 27 19   centrallibrera@telefonica.net   http://www.centrallibrera.com   

 

DIA 30 DE DICIEMBRE

Firma de ejemplares de las obras de Vicente Araguas en Librería Central Librera, calle Dolores 2 de Ferrol. De 17 a 19 horas.

 

24 Maneras de querer a Brian

y

Xuvia Revisitada

 

Reserva o compra ya tu ejemplar.

 

 

Xuvia revisitada, poesía de Vicente Araguas  << LINK

Vicente Araguas Xuvia Neda 1950 ten andado un percorrido cíclico, ás veces circular, un periplo polo poesía galega. Desde Paixase de Glasgow 1978, libro co que se encetara unha boroa ricaz de símbolos e mitos nun espazo xeográfico e humano, ata Xuvia revisitada, polas mans e mente de Vicente Araguas teñen pasado cáseque unha ducia de titulos... Confésase absolutamente feliz e consciente de que é o máis bonito que me pode pasar.... Quen fala é Vicente Araguas, poeta, narrador e crítico literario, nado en Xuvia Neda. A terra que o deu nun setembro de 1950 recoñéceo agora por unanimidade da corporación co título de Fillo Predilecto, unha distinción que se entrega por primeira vez, o 8 de agosto, neste concello do norte que, en palabras do escritor, érao todo cando Ferrol non era nada. O entusiasmo polo galardón que compartirá con Fausto Cansado, tamén Fillo Predilecto de Neda, e Manuel Rodríguez, Medalla de Ouro, do concello, chégalle nun momento especialmente pródigo en parabéns a este autor de dificil clasificación, un outsider de noso, sempre á espreita, observador, un pouco por libre ou, tal como -lembra el mesmo- o definiu a poeta María do Cebreiro un suxeito que escribe con swing. En dous anos, di levei o Pedrón de Ouro, o Reimóndez Portela da Estrada, a Insigna de Ouro de Ferrol e agora isto..., comenta Araguas, que, sen desmerecer o resto de galardóns, salienta a dimensión pletórica, case sexual, deste novo título. Eu teño con Neda un amor carnal, asegura o autor de Xuvia, un poemario que é un canto á orixe, escrito en 1984, na cerna dunha década frutífera e esencial da literatura galega do século pasado. A raiz, o coñecemento, a carnalidade están aquí, en Neda, afirma Araguas quen tamén deitou en novelas como Agora xa foi Laiovento, 2000 ou A canción do verán Ir Indo Edicións, 2001 esa paixón rebordante por un lugar do que, aínda que marchara fisicamente, nunca deu marchado. Confésase namoradizo coas cidades e por iso refuga a crítica de quen só advirte localismo na adscrición dunha escrita a un lugar determinado, como se Pessoa, Joyce ou Silvio Santiago non envorcaran un alento universal e eterno nas súas olladas sobre Lisboa, Dublín e Vilardevós. Moi lonxe e moi preto... Santiago, con Glasgow ou Madrid, é outras dos corazóns xeográficos de Vicente Araguas, porque ao abeiro da vila de pedra, hai agora corenta anos, en 1968, naceu o movemento poético político musical de Voces Ceibes, no que este poeta participou de xeito activo, como vate-compositor e cantante, pero tamén como relator daquela hora, co seu ensaio histórico Voces ceibes, publicado en 1992. Eu sigo en activo, asegura, e o 1o de agosto, por exemplo, participo en Chantada nunha homenaxe á Quenlla. Cambiou todo na nosa sociedade pero son os chistes vellos con caras novas. Voces Ceibes véxoo moi lonxe, pero tamén moi preto..., conclúe. Colaborador habitual de EL CORREO GALLEGO, veciño das páxinas de crítica literaria de importantes publicacións galegas e estatais, non fago crítica académica, fago crítica de batalla, Araguas acaba de publicar, na colección Esquío Xuvia revisitada, o título no que ecoan o vello Xuvia do 84, Neda como un estado de ánimo e un estado corporal, pero tamén a poesía libre, indómita, do Highway 61 Revisited de Bob Dylan, coma el un outsider, un mago das palabras.

 

 

Xuvia Revisitada

VICENTE ARAGUAS

DERRADEIRO GUATEQUE

 

A tarde que se pon

con cousas de galiña

(e un batallón de nenos

en loita coas mazás)

 

Que laia -como un corno nos adentros-

a calor nas virillas

e a música esaxera

tanto drama no baile.

 

Estou aínda mirando a rapaza vestida

de pelota "Nivea"

chorando ao pé da árbore

onde as mazás son sempre película prohibida.

 

Teño con Neda un amor carnal"

05.08.2008 O poeta, narrador e crítico literario Vicente Araguas recibirá o vindeiro 8 de agosto o título de fillo predilecto dun concello que é, segundo este autor, "un estado de ánimo e un estado corporal" ·· O escritor acaba de publicar na colección Esquío o poemario 'Xuvia revisitada'

O escritor Vicente Araguas

O escritor Vicente Araguas

Confésase "absolutamente feliz" e consciente de que é "o máis bonito que me pode pasar...". Quen fala é Vicente Araguas, poeta, narrador e crítico literario, nado en Xuvia (Neda). A terra que o deu nun setembro de 1950 recoñéceo agora -por unanimidade da corporación- co título de Fillo Predilecto, unha distinción que se entrega por primeira vez, o 8 de agosto, neste concello do norte que, en palabras do escritor, "érao todo cando Ferrol non era nada".

O entusiasmo polo galardón -que compartirá con Fausto Cansado, tamén Fillo Predilecto de Neda, e Manuel Rodríguez, Medalla de Ouro, do concello- chégalle nun momento especialmente pródigo en parabéns a este autor de dificil clasificación, un outsider de noso, sempre á espreita, observador, un pouco por libre ou, tal como -lembra el mesmo- o definiu a poeta María do Cebreiro "un suxeito que escribe con swing". "En dous anos, -di- levei o Pedrón de Ouro, o Reimóndez Portela da Estrada, a Insigna de Ouro de Ferrol e agora isto...", comenta Araguas, que, sen desmerecer o resto de galardóns, salienta a dimensión pletórica, case sexual, deste novo título. "Eu teño con Neda un amor carnal", asegura o autor de Xuvia, un poemario que é un canto á orixe, escrito en 1984, na cerna dunha década frutífera e esencial da literatura galega do século pasado. "A raiz, o coñecemento, a carnalidade están aquí, en Neda", afirma Araguas quen tamén deitou en novelas como Agora xa foi (Laiovento, 2000) ou A canción do verán (Ir Indo Edicións, 2001) esa paixón rebordante por un lugar do que, aínda que marchara fisicamente, nunca deu marchado.

Confésase "namoradizo coas cidades" e por iso refuga a crítica de quen só advirte localismo na adscrición dunha escrita a un lugar determinado; como se Pessoa, Joyce ou Silvio Santiago non envorcaran un alento universal e eterno nas súas olladas sobre Lisboa, Dublín e Vilardevós.

"Moi lonxe e moi preto..."

Santiago, con Glasgow ou Madrid, é outras dos corazóns xeográficos de Vicente Araguas, porque ao abeiro da vila de pedra, hai agora corenta anos, en 1968, naceu o movemento poético-político-musical de Voces Ceibes, no que este poeta participou de xeito activo, como vate-compositor e cantante, pero tamén como relator daquela hora, co seu ensaio histórico Voces ceibes, publicado en 1992. "Eu sigo en activo -asegura-, e o 1o de agosto, por exemplo, participo en Chantada nunha homenaxe á Quenlla. Cambiou todo na nosa sociedade pero son os chistes vellos con caras novas. Voces Ceibes véxoo moi lonxe, pero tamén moi preto...", conclúe.

Colaborador habitual de EL CORREO GALLEGO, veciño das páxinas de crítica literaria de importantes publicacións galegas e estatais ("non fago crítica académica, fago crítica de batalla"), Araguas acaba de publicar, na colección Esquío Xuvia revisitada, o título no que ecoan o vello Xuvia do 84, Neda como "un estado de ánimo e un estado corporal", pero tamén a poesía libre, indómita, do Highway 61 Revisited de Bob Dylan, coma el un outsider, un mago das palabras.

http://bngneda.blogspot.com/2008_01_01_archive.html

 

22.1.08

CANDO UN NON É PROFETA NA SÚA TERRA

Nota publicada no diario e asinada por Manolo Castro ( Concelleiro do BNG)

Vicente Araguas, escritor, compositor,músico, poeta, orador é un deses homes que empregan a súa vida en ensinar e compartir cos demais aquilo que el coñece.
Membro fundador do grupo de canción belixerante Voces Ceibes, títulos como Paisaxe de Glasgow, Vintecatro Maneiras de Querer a Brian, Maneiras de Querer, onde hai un título significativo a Xuvia, os novos traballos como Xuvia Revisitada ,colaborador da Revista de Neda, poñente en actos no concello de Neda , ten realizado donacións de unha importante cantidade de libros á súa biblioteca municipal, sendo ademais gran colaborador deste diario, levando sempre o nome de Neda na súa pluma e no seu corazón.
Un home coma este sería normal que dende tódolos ámbitos da cultura se lle recoñecera o seu labor e así o amosan os galardóns a el outorgados como o Reimúndez Portela ou a insignia de Ouro de Ferrol entre outros.
Vicente que sempre levou tal e como antes dicía na súa obra e nas súas verbas o nome de Neda por diante, debería ser a persoa (ninguén discute que poderían existir outras) que por parte de veciños, e políticos do concello de Neda, tivera o recoñecemento dese labor que ao longo dos anos foi espallando aló onde estiver ( esa Neda querida ).
Dende logo e tal e como dicía no limiar, o profesor
Vicente Araguas é e será sempre Fillo Predilecto de Neda ( naqueles corazóns bos e xenerosos ), por máis que se queiran empeñar os políticos gobernantes en non recoñecerllo e en non amosar a sensibilidade eco fin de que o traballo ben feito teña o seu recoñecemento.

 

1.                              PDF]

Cultura popular y cultura erudita en la España liberal

Formato de archivo: PDF/Adobe Acrobat
territorios de antes dos dezaoito anos dun autor que logo estaría enVoces Ceibes . Xuvia revisitada.
VICENTE ARAGUAS. Ed.Sociedade Cultu-. ra Valle-Inclán ...
media.epi.es/www.laopinioncoruna.com/media/suplementos/2008-12-15_SUP_2008-11-

 

 

1.                          [PDF]

Cinema Stone

Formato de archivo: PDF/Adobe Acrobat - Versión en HTML
Araguas un au-. tor que me. acompaña po-. la intimidade. da súa poética,. gardada como ...

Faro de Vigo http://66.102.9.132/search?q=cache:Zffs7vgNGlAJ:media.epi.es/www.farodevigo.es/media/documentos/2008-12-06_DOC_2008-11-06_00_28_34_farocultura.pdf+%22Xuvia+revisitada%22+araguas&hl=es&ct=clnk&cd=21&gl=es

 

re)Ler A Vicente Araguas

 

 

 

 

/20 - 3 - 2006/
A voz de
Vicente Araguas presenta unha singularidade que volve incómodo calquera intento de clasificación. Este volume que reúne toda a poesía publicada polo autor e algúns inéditos, ha ter un lugar de seu nas bibliotecas de estudosos e especialistas na poesía galega. Mais, por outro lado ha permitir tamén o descubrimento e a (re)lectura dalgúns textos que, pola súa deficiente distribución, ou por outras razóns, non chegaron ao lector de poesía.

María Xesús Nogueira.Lugo
“Maneiras de querer”, que reúne a poesía publicada até o de agora por Vicente Araguas, sitúase á beira doutros volumes similares de autores que comezaron a súa andaina poética nos últimos anos da década dos setenta e nos primeiros oitenta. Neste portal deuse noticia dalgúns deles, como “Ancoradoiro” de Xosé María Álvarez Cáccamo ou “Do descoñecido ao descoñecido” de Manuel Rivas.

Como adoita acontecer neste tipo de libros, “Maneiras de querer” presenta a obra do escritor revisada e ordenada de maneira cronolóxica. Isto permítelle ao lector apreciar a súa evolución e tamén, na maioría dos casos, acceder a textos que doutro xeito lle resultarían imposíbeis de atopar. Así acontece con Paisaxe de Glasgow (esgotado), Poemas para Ana Andrea (aparecido en edición non venal), Caleidoscopio ou Campo Santo (libro luxoso e de moi reducida tiraxe). O volume de
Vicente Araguas inclúe ademais dous poemarios inéditos, “Esquecín esquecer” e “Vintecatro maneiras de querer a Brian”. Nun breve limiar, o propio autor alude á difusión da súa obra como un dos obxectivos fundamentais da colectánea.

Malia a súa habitual adscrición (por motivos cronolóxicos) á denominada poesía dos oitenta, a voz de
Vicente Araguas presenta unha singularidade que volve incómodo calquera intento de clasificación. Os seus inicios no xénero (logo de ter escrito un importante episodio da música galega co grupo Voces Ceibes) viñeron dados por unha actitude renovadora cuxa importancia no chamado “cambio de rumbo” da nosa poesía (isto é, na modernización e superación da estética socialrealista) foi salientado por algúns estudosos e reivindicado en ocasións polo propio autor. O seu primeiro poemario, “Paisaxe de Glasgow” (1978) introducía na literatura galega prácticas tan insólitas naquel momento como a experimentación (gráfica, fónica e sintáctica), a intertextualidade, o culturalismo e un exotismo logrado mediante a introdución de topónimos e expresións noutras linguas. A lectura dalgúns textos hoxe en día resulta sorprendente pola súa proximidade a formas de enunciación modernas (pensemos no rap ou no hip hop):

Tómaa como é,
maldice, racha,
espida vai sentindo,
emborca, escacha,
define: gran huevona,
voluda, laxa.

A vocación experimental deste primeiro libro rastréxase noutros posteriores, como Ás veces en domingo abonda coa tenrura (1980), Xuvia (1983) ou Caleidoscopio (1988). Estas primeiras manifestacións poéticas conteñen unha boa parte dos elementos cos que Araguas construirá a súa posterior poesía: o mencionado experimentalismo, o culturalismo, plurilingüismo, a constante presenza da música, o humor, así como o tratamento dos temas do amor, a memoria, a morte e a vida cotiá. Tales pezas son ensambladas por dúas actitudes mencionadas polo propio autor no limiar, a ironía e a tenrura:

FOTO ESCOLAR (1)

Unha mazá na mesa,
o mapa –remotamente
colonial– e unha pía
de libros completan a figura
da nena, todo ollos
a mirar cun xesto de ironía
para o futuro que ven
en papel de prata, como a lúa.

Alén disto, o retorno a algúns escenarios (entre os que destacan Glasgow, Xuvia e Madrid), confire á poesía de
Vicente Araguas unha notábel coherencia.

Numerosos son ademais os textos que están especialmente dedicados a unha persoa á que o autor lembra ou rende homenaxe. É o caso dos Poemas para Ana Andrea (1982), dos libros inéditos “Esquecín esquecer” (2004) e “Vintecatro maneiras de querer a Brian” (2004), así como doutras moitas composicións pertencentes a outros libros. A vocación documentalista (“A Borobó roubáronlle unha pluma nova do trinque o 28 de marzo do 39”), a presenza de evocacións (“Para Paco Fernández Caxiao (a súa motora esvarando no esteiro do Xuvia)”), homenaxes, saúdos (“Salutación a Uxío Novoneyra”), e elexías (“Balada para Xela”) amosan unha concepción vitalista dunha poesía que ten como materia prima a experiencia e a memoria.

En canto obra poética reunida, “Maneiras de querer” ha ter un lugar de seu nas bibliotecas de estudosos e especialistas na poesía galega. Mais, por outro lado ha permitir tamén o descubrimento e a (re)lectura dalgúns textos que, pola súa deficiente distribución, polo peso das interpretacións máis canónicas da poesía dos oitenta ou por outras razóns azarosas, non chegaron, ou non quedaron, no lector “puro e duro” ao que o autor alude nas páxinas limiares.

 

LG3- culturagalega.org

1.                          ]

INFORME DE LITERATURA 2005

Formato de archivo: PDF/Adobe Acrobat
Vicente Araguas fai unha crítica da novela Dentro da illa de Dolores Ruíz, ...... de Paisaxe de Glasgow a Vintecatro maneiras de querer a Brian). ...
www.cirp.es/rec2/informes/upload/ver/inf2005/InformedeLiteratura2005.pdf - Páginas similares

2.                         Páxina Web de RadioFene

O escritor

 

LIBRERÍA CENTRAL LIBRERA

Calle Dolores 2   15402 Ferrol   A Coruña    La Coruña

Teléfono 981 35 27 19   Fax 981 35 27 19   centrallibrera@telefonica.net   http://www.centrallibrera.com